A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia – APAAG -, organizou o sábado 3 de marzo un curso de cultivo e poda da oliveira galega. Esta actividade enmárcase dentro das accións de formación que cada ano organiza a APPAG, e foi impartida polo experto agrónomo e oleico Ramón Pulgar.
A xornada comezou pola mañá na plantación de Setecoros, no concello pontevedrés de Valga. Alí Ramón Pulgar explicou aspectos xerais sobre a poda das oliveiras facendo demostracións prácticas nos distintos exemplares.
Xa pola tarde, desenvolveuse a parte teórica. Foi no Museo do Moble da Estrada, e o recoñecido profesional do sector oleico tratou todas as cuestións relacionadas co cultivo da oliveira en Galicia. Todos os participantes tamén puideron planxar dúbidas que deron de si un produtivo debate. Como conclusión principal está que hai que analizar as especificidades de cada zona ou terreo, e en función disto adaptar os plans de traballo de cada plantación. Hai que pensar que todo o entorno forma parte dun ecosistema completo onde calquera variable pode influír no desenvolvemento da árbore.