Curso de poda de oliveiras nas comarcas de Quiroga e Valdeorras

Esta acción, que ten o aforo completo desde poucos días despois de anunciarse, demostra o interese dos asociados/ as por aumentar os coñecementos e consolidar o sector da oliveira en Galicia

A actividade formativa estará centrada tanto na poda de formación e produción de árbores novas, como na de de rexeneración ou recuperación de oliveiras autóctonas

Ourense, 16 de febreiro de 2022

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia -APAAG- organiza esta fin de semana un novo curso de poda da oliveira dirixido a particulares e profesionais do sector oleícola da comarca de Valdeorras e Quiroga.

No curso, estruturado en dúas xornadas teórico-prácticas, os participantes aprenderán técnicas de poda de formación e produción de árbores novas e de rexeneración ou recuperación de oliveiras autóctonas.

Impartido polo experto oleícola Ramón Pulgar, o curso dará comezo o sábado 19 de febreiro ás 9:30 h no teleclube do Concello de Petín, para despois trasladarse a terreo e observar exemplos prácticos. A xornada do domingo, terá lugar nunha aldea do Concello de Quiroga. As prazas para participar no curso, xa están esgotadas. Esta actividade enmárcase dentro das accións de formación que cada ano organiza o colectivo de produtores/as de aceite e aceituna de Galicia.

A APAAG

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, naceu en decembro do 2014 pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras, e defender o sector no seu conxunto.

Desde APAAG, acompañamos aos socios/as no asesoramento e mellora das plantacións con formacións, apoio e colaboracións en investigacións, publicacións … Todo isto apostando por que se regule o sector a través dun novo marco normativo, que recoñeza e protexa a calidade do auténtico aceite que se produce en Galicia.

PUBLICIDADE

Categorías

Contacta connosco