
A revista Mercacei, unha das principais publicacións especializadas no sector oleícola español e internacional, dedica un especial ao sector en Galicia.
Ourense, 8 de marzo 2024
Na súa edición de febreiro – abril 2024, a revista Mercacei entrevista ao presidente da APAAG, Alfonso Rodríguez Udías, para coñecer a situación e principais desafíos e obxectivos que actualmente ten o emerxente sector do aceite en Galicia.
Faise eco tamén das marcas que comercializan AOVEs galegos, así como dos proxectos de investigación que se están a levar a cabo en colaboración co CSIC.