Asinado un convenio entre a APAAG e o centro de Formación Profesional IES O Ribeiro

Seguimos dando pasos na construción do sector da oliveira en Galicia, e para isto é fundamental a colaboración entre produtores/ as, institucións e centros de ensino como é o do Ribeiro”, explica o Presidente da APAAG, Alfonso Rodríguez Udías

Ribadavia, 30 de marzo de 2023

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia e o Centro de Formación Profesional IES O Ribeiro, asinaron esta mañá un convenio de colaboración, co obxectivo de fomentar o coñecemento no campo da oliveira en Galicia, e a colaboración para novas actividades. Este acordo, é froito do traballo conxunto que as dúas entidades veñen levando a cabo nos últimos meses, e que se concreta en colaboracións en actividades formativas, divulgativas e tamén proxectos conxuntos.

O convenio foi asinado entre o Presidente da APAAG, Alfonso Rodríguez Udías e a Directora do centro, Ana Belén Álvarez Álvarez.

O Centro de Formación Profesional IES O Ribeiro, imparte o ciclo de elaboración de aceites e viños, e, en palabras de Alfonso Udías, “para a Asociación de Produtores é un valor importante ir da man deste centro de ensino xa que permítenos traballar conxuntamente na transferencia do coñecemento no sector oliveiral, así coma afondar no estudo e promoción dos Aceites de Oliva Virxe Extra galegos.”

As accións máis destacadas a levar a cabo son, entre outras:

  • Realización de charlas divulgativas relacionadas co sector oleico.
  • Xornadas de formación ou prácticas en plantacións de oliveiras da APAAG.
  • Achegar o sector dos AOVEs galegos ao alumnado do centro.
  • Apoio e asesoramento en cuestións técnicas.
  • Colaboración da difusión da oferta formativa entre os asociados.
  • impulso e desenvolvemento de proxectos conxuntos.

Contacta connosco