Olivas aliñadas: tres receitas para preparar o aperitivo perfecto

Ricas en fibra, vitaminas, minerais e, ademais, exquisitas! E é que non hai nada malo que se poida dicir das olivas. Ou si, pois se cadra teñen unha pega: e é que recén collidas da oliveira son case incomestibles. O culpable? Un dos seus compoñentes, a oleuropeina, causante do seu intenso sabor amargo.

Para curar as olivas e levarlles o amargor existen varios métodos utilizando auga, salmoira ou sosa cáustica diluída. Son métodos que poden alongarse durante máis dunha semana e requiren estar pendentes, polo que, se para facer a receita partimos de olivas en salmoira xa temos moito adiantado.

Aliñar olivas e darlles personalidade a base de especias e aromáticas é toda unha arte. É levar a outro nivel un dos aperitivos máis populares e sinxelos, outorgando ás olivas un sabor moi distinto ao das habituais conservas industriais.

Existen moitas variedades de oliva e unha chea de tipos de aliños diferentes. O xeito de aliñar dependerá de se son verdes ou negras e de se están enteiras, partidas ou machucadas. Todo isto influirá no tempo de curación e conservación.

PUBLICIDADE

Categorías

Contacta connosco