A APAAG celebrou un curso formativo o pasado domingo 17 de marzo

O Concello de Arnoia acolleu unha xornada formativa impartida por Ramón Pulgar

Ourense, 20 marzo de 2024

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, celebrou unha xornada formativa o pasado domingo no Concello ourensán de Arnoia.

A actividade foi impartida polo experto oleícola Ramón Pulgar, e consistiu en formación en manexo e xestión do oliveiral, incluíndo desde cuestións xerais sobre a historia e cultura oliveira en Galicia, así como temas máis concretos como a importancia dos solos e das boas prácticas.

En palabras do presidente da APAAG, Alfonso Rodríguez Udías, “durante o ano, desde a asociación levamos a cabo accións divulgativas e axudamos a compartir experiencias que melloren os coñecementos á hora de manexar as plantacións en Galicia. Dadas as características das nosas zonas, temos uns condicionantes de cultivo moi específicos, e a APAAG sirve de punto de encontro principal para o sector”.

A xornada consistiu nunha presentación teórica para, a continuación, realizar prácticas de poda nunha finca e visitar a almazara pertencente á asociación Olivarnoia, integrada na APAAG.

O vindeiro sábado, a APAAG organiza unha nova xornada formativa, neste caso no Concello de Salceda de Caselas.

PUBLICIDADE

Categorías

Contacta connosco