Celebramos a nosa VI Xunta Xeral marcando a estratexia para os vindeiros anos

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia – APAAG -, celebrou onte en Vigo a súa VI Xunta Xeral coa presenza duns 100 asociados/ as. Esta xuntanza, que ten carácter anual, establece as principais liñas de traballo nas que se centrará a APAAG nos vindeiros meses. O acto tivo lugar durante toda a mañá no Auditorio Municipal de Vigo e foi clausurado polo alcalde Abel Caballero.

Tal e como correspondía neste 2019, tamén someteuse a elección a nova directiva da Asociación. A este órgano colexiado que coordina o día a día do traballo da APAAG, presentouse unha soa candidatura encabezada polo actual presidente – José Antonio García -, acompañado dun equipo renovado.

Entre as principais decisión tomadas nesta VI Xunta Xeral da APAAG están a de seguir a consolidando o sector oliveiral galego como alternativa para o noso medio rural, reforzar a colaboración con outras institucións – coma o CSIC ou a Fundación Juana de Vega -, para afondar no estudo das especies autóctonas, e tamén dar conta nova colaboración co Grupo Operativo supraautonómico Valresoleica, que ten coma obxectivo a valorización de residuos para convertelos nunha fonte de riqueza á vez que se diminúe o seu impacto ambiental. Ademais, tamén se definiu a posición na defensa da realidade do sector oliveiral en Galicia, ante as novidades reguladoras que podan introducirse nos vindeiros anos.

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, naceu en decembro do 2014 pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras, e defender o sector no seu conxunto. Hoxe en día contamos con máis de 130 socios/as e máis de 130 hectáreas plantadas, que suman un total de 140.000 oliveiras.

Desde APAAG, acompañamos aos socios/as no asesoramento e mellora das plantacións con formacións, apoio e colaboracións en investigacións, publicacións … Todo isto apostando por que se regule o sector a través dun novo marco normativo, que recoñeza e protexa a calidade do auténtico aceite que se produce en Galicia.

PUBLICIDADE

Categorías

Contacta connosco