NOVAS DO SECTOR

A Asociación de Produtores/as de Aceite e Aceituna de Galicia celebrou a súa Asamblea Xeral na sede do CSIC en Pontevedra
“Temos como obxectivo protexer e acompañar ao pequeno sector do aceite en Galicia, así como seguir a traballar na xestión das boas prácticas oliveirais que optimicen as plantacións das e…
Seguir lendo
A APAAG participou na xornada de transferencia do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia sobre avances na produción da oliveira autóctona
O pasado 12 de marzo tivo lugar no IES O Ribeiro esta actividade, que incluíu unha cata dos Aceites de Oliva Virxe Extra do selo apag.gal Ribadavia, marzo de 2025…
Seguir lendo
O Proxecto Olivitech organiza un taller en Ourense sobre a optimización de tratamentos fitosanitarios no oliveiral
Olivitech é un Grupo Operativo Supraautonómico que abrangue as CCAA de Galicia e Andalucía, está coordinado pola Fundación Empresa – Universidad Gallega e conta coa participación de empresas como Aceites…
Seguir lendoOBXECTIVOS DA APAAG
Entre os obxectivos da APAAG están o de apoiar e asesorar aos nosos socios e socias sobre todo o relativo ao cultivo das oliveiras, así coma o de defender os intereses do sector no seu conxunto.
Promocionamos a plantación de oliveiras e a produción de aceite do país. Todo isto colaborando con diversas organizacións e institucións para defender o aceite galego e a promoción de especies autóctonas. A posta en valor e o aproveitamento dos recursos naturais é unha maneira de apostar polo territorio vivo e produtivo.

O SELO DA APAAG

En novembro de 2019, coincidindo co inicio da campaña da recollida da aceituna, a Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia – APAAG -, organizou un acto para presentar un selo que garante a produción de aceite con olivas procedentes en exclusiva do territorio galego.
VISÍTANOS!
Praza das Damas, 1 - 32005 Ourense
CHÁMANOS!
988 39 11 10
ESCRÍBENOS!
info@apag.gal





