ALMA MEIGA

AOVE 100% DE OURENSE

Unha experiencia que vai desde a esencia da tradición da oliveira galega ata a innovación para ofrecer un aceite de oliva virxe extra moi especial.

Froito da conxunción dun produto tan extraordinario como a oliva, e da aposta decidida polo noso territorio, nace este Aceite de Oliva Virxe Extra. Zume de oliveiras labradas con ilusión na provincia de Ourense.

En Alma Meiga quixemos ser fieis a nós mesmos e ao que nos rodea. Levamos anos cultivando oliveiras nas zonas de Valdeorras e no Ribeiro, onde extraemos zumes de olivas únicos, resultado das raíces, a sensibilidade e a innovación. Alma Meiga é memoria pura da nosa terra, da que nos sentimos orgullosos.

Nota de cata

Predomina o olor a améndoa cunha gama de frutados maduros, desde o melocotón, pera e froitas de carne branca. Moi agradable e frutado de froitas maduras no nariz. Conserva personalidade cun paso en boca delicado. Ten un picante que se fai esperar, máis cando aparece, aporta ao aceite unha personalidade propia e un bouquet especial.

Acidez: 0,12 graos.

PEDIDOS ALMA MEIGA

Botella 500ml AOVE Alma Meiga

16,50 €

(IVE inc.) 

Botella 250ml AOVE Alma Meiga

9,00 €

(IVE inc.) 

Podes atopar o AOVE Alma Meiga en establecementos delicatessen das zonas de Ourense, Valdeorras, Ribeira Sacra, Santiago e Pontevedra.

Se estás interesado en coñecernos ou traballar con nós, podes porte en contacto a través de:

aintiaoliveirasgalegas@gmail.com
680 29 69 51

Alma-Meiga-500.jpg