OURO DE QUIROGA

ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA

Producindo dende a Ribeira Sacra o ``ouro líquido`` de Galicia

Ouro de Quiroga S.L. é unha nova empresa formada por emprendedores da zona que queren desenvolver actividades na Ribeira Sacra que permitan a recuperación e posta en valor de produtos recuperando tradicións ligadas á terra, mais cun enfoque sostible e que se vale das novas tecnoloxías. O aceite de Galicia “Ouro de Quiroga” dáse nunha terra de longa tradición oliveira que conserva dúas especies singulares dende a época romana: a mansa e a brava.

En zonas como Quiroga hoxe en día téñense referencias históricas do mantemento da tradición olivareira e quedan numerosos muíños testemuñas desta tradición. As nosas variedades autóctonas galegas Mansa e Brava foron acreditadas pola súa singularidade, polo CSIC e outros centros de investigación de recoñecido prestixio no mundo da oliva. Prevese ademais que proximamente se identifiquen novas variedades autóctonas.

O noso aceite é extraído directamente de olivas seleccionadas de oliveiras situadas no val de Quiroga e Ribas do Sil, a través de procedementos mecánicos e dun primeiro prensado en frío. Conséguese así que o noso aceite virxe extra manteña todas as súas propiedades e sexa un pracer para os sentidos. Xunto co emprego de técnicas de cultivo sostibles e un coidado exquisito conseguimos un produto de máxima calidade.

DÚAS VARIEDADES

ACEITE PLURIVARIETAL

É un Aceite de Oliva Virxe Extra que se obtén de especies autóctonas galegas únicas no mundo (a Mansa e a Brava) nun 60% combinadas con Picual (25%) e Arbequina (15% aprox.)

ACEITE 100% AUTÓCTONO

É un Aceite de Oliva Virxe Extra que se obtén exclusivamente de especies autóctonas de Galicia e únicas no mundo: a Mansa e a Brava.

PEDIDOS OURO DE QUIROGA

info@ourodequiroga.com
662 677 415

VISITA A NOSA WEB

ouro-de-quiroga-apag-3.jpg