OLIVO DE ALTOS

ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA

Coas olivas recollidas das variedades picual, arbequina e hojiblanca elabórase este aceite de oliva virxe extra, de excepcional valor organoléptico e nutricional.

A extracción inmediata do aceite á súa recollida por procesos mecánicos garante un produto de calidade superior. Elabórase a partir das oliveiras que creceron nos viñedos de Altos de Torona, en Tomiño (O Rosal), formando parte da biodiversidade deste entorno natural.

Coma o viñedo, o cultivo de oliveiras nesta zona tamén presenta unhas características peculiares debido á súa localización preto do océano Atlántico e do río Miño. A  orientación sur da plantación garante unha boa insolación e unha perfecta maduración do froito.

NOTAS DE CATA

O equilibrio entre o amargo, picante e afroitado deste aceite conflúe nunha harmonía de cores e sabores, onde destacan os aromas a herba fresca e notas de tomateira que lle confire a arbequina en combinación cos matices de folla de figueira da variedade picual.

PEDIDOS OLIVO DE ALTOS

Podes facer os teus pedidos de Aceite de Oliva virxe extra “Olivo de Altos” (botella de 50 cl.) a través da nosa tenda online, por mail ou teléfono!

14,90 €

(IVE inc.)

info@altosdetarona.com
986 60 98 10

TENDA ONLINE

aceite-olivo-de-altos-apag-galicia-e1588964735811.jpg