A HISTORIA DUNHA FAMILIA
Un aceite de autor de calidade superior. Máis de 4.000 oliveiras en San Mamede de Palmés (OU) dedicadas á elaboración dun aceite de autor único.
Galicia é terra de sabores. A provincia de Ourense colleita grandes viños, mais dende fai moitos anos vennos agasallando tamén con marabillas coma o noso aceite virxe extra Novoa Natura.
Novoa Natura é unha empresa familiar, pequena, que produce este ouro de oliva con todo o cariño e dedicación. A nosa oliva é recollida a man (ordeño) nun proceso moi coidadoso no que a oliva nin toca o chan, nin recibe golpes, nin sofre alteracións.
Ademais, o noso primeiro prensado en frío permítenos conseguir unha excelente acidez, conservando todas as propiedades naturais, os antioxidantes, provitaminas e aportes nutritivos.
Ofrecemos un aceite virxe extra de gran sabor e con todos os seus nutrientes.
Coñece o que fai especial a Natura. A nosa finca, a familia e o seu coidado son a chave para a obtención dun produto tan especial coma o noso aceite de oliva virxe extra NATURA.
O ACEITE
Co AOVE Natura abonda unha pequena cantidade para facer notar un sabor único.
Composto por arbequina e picual, as nosas olivas son recollidas a man, sen tocar o chan e, prensadas por primeira vez en frío conservan todas as súas provitaminas e propiedades antioxidantes. Para manter unha gran calidade no noso virxe extra, unha vez recollida a oliva, extraemos o aceite durante as primeiras 12 horas para evitar que o froito se estrague.
Arbequina (60%)
É un aceite doce, sen ningún regusto amargo. En ocasións pode picar na gorxa, indicando simplemente que é fresco. En xeral, o aceite arbequina é o axeitado para quen busca un aceite de oliva virxe extra de sabor suave. Adoita ser bastante aromático con recendos afroitados, de plátano, mazá… debido ao alto porcentaxe de ácidos poliinstaurados que normalmente contén.
Picual (40%)
As características máis acusadas do aceite picual con respecto a outras variedades é a súa amargura e, se o aceite é xoven, tamén o seu picor. Cando o aceite provén de colleita temperá, tamén destaca por unha variedade de aromas herbáceos como son a folla de oliva, herba, figueira, tomate e tomateira.
É un aceite con corpo, potente. Con alto contido en ácido oleico (monoinsaturado) podendo superar o 80% de todo o seu perfil lipídico. Isto, xunto co seu baixo contido en ácidos poliinsaturados fano moi estable á oxidación e enranciamento.
PEDIDOS NOVOA NATURA
Botella 500ml AOVE / Pack de 2 botellas 500ml AOVE / Caixa de madeira personalizada con botella 500ml AOVE info@aceitenovoanatura.com
637 46 01 33 (Castor Novoa)