COLLEITA PROPIA

ABRIL COLLEITA PROPIA

O noso Aceite de Oliva Virxe Extra ABRIL Colleita Propia é o resultado de 10 anos de coidados e traballo depositado no oliveiral galego, único no mundo e obtido ao 100% de olivas galegas.

 

Desde o ano 1962, en Aceites Abril fomos os pioneiros no sector dos aceites de oliva en Galicia. Co paso dos anos, interesámonos polas raíces que o cultivo da oliveira mostraba ter ao longo e ancho da nosa xeografía e decidimos apostar por potenciar unha tradición que acabou creándonos lazos fortes co rural galego. Dentro deste proxecto colaboramos xa con máis dun cento de produtores que se aventuraron a adentrarse no apaixonante mundo do coidado e cultivo da oliveira na nosa comunidade, tratando de devolver ao noso rural unha árbore milenaria.

Na campaña 2019-2020 procesamos ao redor de 44 toneladas de oliva galega, que acadaron outro novo récord de produción desde que o proxecto comezou a dar os seus primeiros pasos. A gran peculiaridade deste aceite é a gran cantidade de produtores que achegaron a súa colleita. Ata 70 galegos e galegas uníronse a nós e axudáronnos a crear unha coupage que reflicte a rica diversidade de Galicia, imprimindo a esencia de cada microclima e cada substrato da nosa terra nun produto único.

A máxima hixiene no procesado e a recollida temperá da oliva permítennos obter un aceite de oliva virxe extra de excepcional calidade, cuns atributos e aromas que lle outorgan unha personalidade única no mundo. Deste xeito, a tradición na produción, respectando as particularidades do rural galego, dáse a man coa vangarda no procesado para crear un produto do que nos sentimos profundamente orgullosos, porque é, de todos os aceites que producimos e comercializamos, o “máis noso”.

Este zume 100% de olivas galegas presenta unha cor dourada e un carácter inigualable influenciado polo clima atlántico-mediterráneo, xunto a un afroitado intenso e aromático, con toques de pera, améndoa e plátano.

Idóneo para o seu uso en cru, para dar un último toque propio e único a pratos elaborados e tamén moi útil en traballos de repostería.

PEDIDOS ACEITES ABRIL

Botella 500ml AOVE Abril Colleita Propia

10,00 €

(IVE inc.) 

O noso aceite pódese atopar en grandes superficies comerciais, mais tamén podes realizar os teus pedidos por teléfono ou mercar directamente na nosa tenda online.

988 38 37 47

TENDA ONLINE ACEITES ABRIL

Gallego-y-caja.jpg