BÁGOAS DO ENVERO

AOVE SINGULAR DAS RIBEIRAS DO SIL E O MIÑO

As bágoas tamén son de ilusión. A ilusión que sentimos ao elaborar este aceite de oliva virxe extra procedente das nosas plantacións nas contornas do Sil e do Miño

 

Hai uns anos que decidimos aportar o noso gran de area a favor dun medio rural vivo e sostible. Recollendo a tradición histórica da oliveira en Galicia, apostamos por ampliar ese legado, pondo en marcha as nosas plantacións propias e recuperando algunhas centenarias que estaban esquecidas.

Nace así, Bágoas do envero, un Aceite de Oliva Virxe Extra Premium que ofrece características singulares, grazas ao entorno xeográfico atlántico no que nos atopamos, con solos e climas exclusivos.

Tal e como reza na nosa etiqueta: “de olivas recollidas no envero, esa primeira etapa da maduración, que dá apelido e fai singular a nosa marca, obtemos un aceite cun complexo froitado, aromas verdes e sensacións frescas, que lembra o froito natural do que sae.

Polo tanto, xa temos as bágoas – de ilusión –, e o envero – do estado de maduración –. Ademais temos un traballo minucioso que vai desde o coidado das oliveiras durante todo o ano, ata a recollida temperá, das olivas. É nese momento ao inicio da campaña, que adoita ser a principios do mes de outubro, cando a oliva é máis rica en polifenoles, antioxidantes e demais propiedades saudables que ten o AOVE.

Unha aposta polo territorio e pola calidade. Un AOVE que provén de oliveirais nas ribeiras do Sil e do Miño, máis concretamente das zonas de Valdeorras e do Ribeiro, formado principalmente pola variedade arbequina, xunto con outras como picual, frantoio ou picudo.

PEDIDOS BÁGOAS DO ENVERO

Botellas de 500 ml. ou 250 ml. AOVE Premium Bágoas do Envero

Podes facer os teus pedidos escribíndonos un correo electrónico a:

bagoasdoenvero@gmail.com

AceitoUdias_Doble_Lado-scaled.jpg

Tamén atoparás o noso aceite nos seguintes locais comerciais:

farming-and-gardening.png

Saborido

Av. das Caldas, 51 Ourense | Tel. 988 21 74 42
farming-and-gardening.png

Fina Rei

Rúa Emilia Pardo Bazán, 1 (Allariz) | Rúa da Paz, 20 (Ourense) | Tel. 988 44 13 40 | www.finarrei.com