A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia participa nun encontro sobre oportunidades de negocio no cultivo das oliveiras

Esta actividade está organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Alimentarias e terá lugar o vindeiro 6 de maio en liña. José Antonio García, presidente da APPAG, falará sobre experiencias produtivas en oliveirais galegos.

O obxectivo é explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado

Ourense, abril de 2021.-

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia – APAAG – participa nun encontro sobre oportunidades de negocio no cultivo das oliveiras. A actividade será o vindeiro xoves, 6 de maio e mediante a modalidade en liña. As inscricións poderanse realizar no seguinte enlace:

Información da xornada.

https://zoom.us/meeting/register/tJErdu2qqTMtGd0BL7inT-yZCH1LzKKrcWkr

 Máis información en: wwww.agaca.coop

Esta actividade está organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Alimentarias e terá lugar o vindeiro 6 de maio en liña. José Antonio García, presidente da APPAG, falará sobre experiencias produtivas en oliveirais galegos.

Entre os obxectivos desta actividade está promover, facilitar, favorecer e posibilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio. Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado. Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre os socios, socias e as súas familias. Fomentar a fixación da poboación ao rural no contorno das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias.

A formación é un pilar fundamental para ampliar os coñecementos dos máis de 170 asociados da APAAG, tal e como explica o presidente, José Antonio García entre todos os socios da APAAG, xuntamos arredor de 164 hectáreas plantadas, as cales suman un total de 180.000 oliveiras. Temos un sector que cada vez está máis consolidado, por iso desde APAAG velamos por que se difundan os coñecementos para estar mellor formados”.

A APAAG

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, naceu en decembro do 2014 pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras, e defender o sector no seu conxunto.

Desde APAAG, acompañamos aos socios/as no asesoramento e mellora das plantacións con formacións, apoio e colaboracións en investigacións, publicacións … Todo isto apostando por que se regule o sector a través dun novo marco normativo, que recoñeza e protexa a calidade do auténtico aceite que se produce en Galicia.

Para máis información ou dúbidas, pódese consultar no correo: info@apag.gal, ou no teléfono 692700034.

PUBLICIDADE

Categorías

Contacta connosco