A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia valora moi positivamente as actividades de formación desenvolvidas durante o mes de setembro

  • Este programa formativo foi impartido por Ramón Pulgar, experto en olivicultura e contou coa colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria dependente da Consellería de Medio Rural
  • Os cursos foron para distintos niveis – iniciación, perfeccionamento e avanzado -, e tiveron lugar nos concellos de Arnoia e a Estrada

Ourense, setembro de 2020.-

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia – APAAG – valora moi positivamente o desenvolvemento do programa formativo en cata de Aceites de Oliva Virxe Extra, que tivo lugar durante o mes de setembro nos concellos de Arnoia e a Estrada. Este programa consistiu na organización de tres cursos de cata de AOVEs – iniciación, perfeccionamento e avanzado – e as persoas asociadas da APAAG tiveron a oportunidade de mergullarse nun aspecto esencial do campo da olivicultura.

Tal e como explica o presidente, José Antonio García, “estas actividades son unha ferramenta fundamental para mellorar os coñecementos das persoas asociadas a APAAG, e tamén demostran o dinamismo no que se atopa o oliveiral galego en pleno proceso de expansión”.

Estas actividades foron dirixidas por Ramón Pulgar, experto en olivicultura e cata e colaborador habitual da APAAG. A formación contou coa colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria – AGACAL -, da Consellería de Medio Rural, enmárcase dentro do programa anual de formación que a APAAG desenvolve ao longo de cada curso.

A APAAG

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, naceu en decembro do 2014 pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras, e defender o sector no seu conxunto.

Desde APAAG, acompañamos aos socios/as no asesoramento e mellora das plantacións con formacións, apoio e colaboracións en investigacións, publicacións … Todo isto apostando por que se regule o sector a través dun novo marco normativo, que recoñeza e protexa a calidade do auténtico aceite que se produce en Galicia.

Para máis información ou dúbidas, pódese consultar no correo: info@apag.gal, ou no teléfono 692700034.

PUBLICIDADE

Categorías

Contacta connosco