Gran acollida na xornada de formación sobre “Cultivo e Poda da Oliveira” no concello da Estrada

Ourense, agosto de 2020.-

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia – APAAG – organizou onte sábado, unha xornada de formación sobre “Cultivo e Poda da Oliveira en Galicia” no Concello pontevedrés da Estrada.

Nesta ocasión, tratáronse asuntos xerais relativos ao coidado das oliveiras, un sector cada que cada vez conta con máis superficie plantada na nosa comunidade autónoma. A actividade foi impartida por Ramón Pulgar, experto oleícolo de recoñecido prestixio e colaborador habitual da APAAG.

Este curso, que conta coa colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria – AGACAL -, da Consellería de Medio Rural, xunto co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), enmárcase dentro do programa anual de formación que a APAAG desenvolve ao longo de cada ano. Outras accións formativas que organizará a asociación nas vindeiras semanas abordarán temáticas como a cata de aceites de oliva virxe extra, ou a comercialización dos aceites.

A formación é un pilar fundamental para ampliar os coñecementos dos máis de 170 asociados da APAAG, tal e como explica o presidente, José Antonio García entre todos os socios da APAAG, xuntamos arredor de 164 hectáreas plantadas, as cales suman un total de 180.000 oliveiras. Temos un sector que cada vez está máis consolidado, por iso desde APAAG velamos por que se difundan os coñecementos para estar mellor formados”.

A APAAG

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, naceu en decembro do 2014 pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras, e defender o sector no seu conxunto.

Desde APAAG, acompañamos aos socios/as no asesoramento e mellora das plantacións con formacións, apoio e colaboracións en investigacións, publicacións … Todo isto apostando por que se regule o sector a través dun novo marco normativo, que recoñeza e protexa a calidade do auténtico aceite que se produce en Galicia.

Vinderios cursos

As próximas actividades previstas desde a APAAG, son distintos niveis de cursos de cata de aceite de oliva virxe extra que terán lugar no mes de setembro.

PUBLICIDADE

Categorías

Contacta connosco