
O pasado 12 de marzo tivo lugar no IES O Ribeiro esta actividade, que incluíu unha cata dos Aceites de Oliva Virxe Extra do selo apag.gal
Ribadavia, marzo de 2025
O IES do Ribeiro acolleu, o pasado 12 de marzo unha xornada para analizar os avances na reprodución e certificación das variedades de oliveiras autóctonas que se está a impulsar desde o Grupo Operativo Oliveiras de Galicia.
Este Grupo Operativo ten como socios á Fundación Juana de Vega, ao CSIC Galicia a través da Misión Biolóxica de Galicia, a Ouro de Quiroga e ao Olivar de la Concordia, estes últimos produtores asociados da APAAG.
Para Alfonso Rodríguez Udías, presidente da APAAG, trátase “dun paso máis para seguir a edificar os cimentos do sector da oliveira en Galicia. Os últimos anos afloraron moitas plantacións con variedades foráneas. Agora necesitamos que as variedades autóctonas se comercialicen canto antes, para poder incluílas nas explotacións e que xeren valor engadido, ao igual que as xa existentes nas zonas do Sil e Quiroga”.
A xornada culminou cunha cata de Aceites de Oliva Virxe Extra que están dentro da denominación apag.gal.

