O Proxecto Olivitech organiza un taller en Ourense sobre a optimización de tratamentos fitosanitarios no oliveiral

Olivitech é un Grupo Operativo Supraautonómico que abrangue as CCAA de Galicia e Andalucía, está coordinado pola Fundación Empresa – Universidad Gallega e conta coa participación de empresas como Aceites Abril.

Ourense, febreiro de 2025

O presidente da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, APAAG, estivo presente no taller demostrativo do Proxecto Olivitech que tivo lugar o pasado martes 25 na empresa ourensá Aceites Abril.

O taller contou coas presentacións de Gabriel Santos por parte da FEUGA e de Alberto Fernández, o responsable de agro de Aceites Abril, quen fixo un percorrido polo proceso de elaboración de Colleita Propia, a marca de aceite de oliva virxe extra composto na túa totalidade por olivas galegas. Colleita Propia é, de feito, unha das marcas que leva o selo da apag.gal, que ten a Asociación de Produtores para distinguir o aceite elaborado con olivas galegas. Posteriormente, María Fernández, profesora da Universidade de Vigo, tamén presente no proxecto, explicou e fixo unha proba práctica do uso de biosensores para o monitoreado de esporas no oliverial.

O presidente da APAAG, Alfonso Udías, explica que

as singularidades do noso pequeno sector fan que calquera innovación que teña que ver con proxectos que axuden a mellorar as nosas plantacións dos asociados/as son benvidas. Son varios os proxectos que xiran arredor da oliveira en Galicia, e APAAG está para axudar a que todos estes proxectos optimicen os rendementos das súas plantacións e xerar valor engadido para os aceites galegos.

Contacta connosco