- O presidente da APAAG, Alfonso Rodríguez Udías, xunto a outros membros da directiva da asociación, mantiveron un primeiro encontro con Martín Alemparte, director da AGACAL
- Alfonso Rodríguez destaca a “esta primeira toma de contacto e a receptividade mostrada para seguir dando pasos de cara a impulsar o noso pequeno sector”, ademais de traballar “na planificación varias accións encamiñadas á divulgación e promoción dos aceites galegos”
Quiroga, xullo de 2024
O pasado xoves tivo lugar en Quiroga unha reunión entre o Director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e o Presidente da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, Alfonso R. Udías. Este encontro tiña como obxectivo un primeiro contacto, co novo Director desta axencia, e presentar as liñas básicas de colaboración entre AGACAL e a principal asociación do sector do aceite galego.
Martín Alemparte é ben coñecedor do sector oleícola en Galicia, xa que desenvolveu a súa carreira apoiando proxectos na comarca de Quiroga, e esta zona é un dos motores dos Aoves galegos.
Tal e como explica Alfonso R. Udías, na xuntanza, “puidemos presentar a situación deste pequeno sector, así como os principais desafíos que temos por diante, e xa comezar a planificar varias accións encamiñadas á divulgación e promoción dos aceites galegos”.