ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA
Colleitado a man en oliveiras propias de Ourense e de produción limitada. 100% galego!
Somos unha empresa familiar que cun meticuloso coidado do oliveiral, con moito esforzo e controlando todo o proceso – dende a terra ata a elaboración do aceite – busca acadar a excelencia no seu produto final.
REGO é un aceite de oliva virxe extra elaborado cunha selección de olivas recollidas a man nos primeiros días da campaña nos oliveirais propios da finca familiar na que se atopa o Pazo do Rego, dándolle nome ao noso aceite 100% galego.
Procesado en frío directamente tras unha recolección temperá e empregando unicamente procesos mecánicos, conseguimos un AOVE REGO de máxima calidade e produción limitada.
PEDIDOS AOVE REGO
Botella 500ml AOVE REGO Arbequina / Botella 500ml AOVE REGO Coupage16,40 €
(IVE inc.) + gastos envío
Ademais da venda directa a través da nosa web, podes atopar o noso aceite nos seguintes locais comerciais:
- Juncal Alimentación SL. (Pontevedra / Sanxenxo)
- Casa Chao (Viveiro)
- Sibarita (Vigo)
- Queseria Marques de Valladares (Vigo)
- Vinoteca de Tucho (Ribeira)
- Super_by_dot (Madrid)
- Casa Samaniego (Vigo)
- Buen Jamon (Santiago de Compostela)
- Colmado 14 (O Grove)
- Canalla Gourmet (A Coruña)
agmabelipa@gmail.com
638 617 198