ASOCIACIÓN DE PRODUCTORES DE ACEITE E ACEITUNA DE GALICIA

                                             APAG

Que e APAG ???

Apag (Asociación de produtores de aceite e aceituna de Galicia) é unha asociación sen animo de lucro fundada en febreiro do 2015.

O propósito principal, é o agrupar a produtores tanto de olivas como de aceite das catro provincias galegas. En APAG teñen cabida tanto particulares como empresas que queiran unirse a outros nas mesmas condicións e compartir experiencias e coñecementos sobre a olivicultura en Galicia.

Na actualidade, maio 2016, a asociación componse de 47 socios das catro provincias, sumando un total de 81 000 oliveiras en 54 hectáreas repartidas en infinidade de pequenas leiras que van desde os 3000 metros cadrados ata as 7 hectáreas.

Dúas veces ao ano, realízase unha asemblea xeral de socios, onde se debate sobre as mellores técnicas de manexo do oliveiral en Galicia, coñecedores das diferencias que existen coas técnicas doutras zonas tradicionalmente expertas neste cultivo.

Trátanse temas de interese xeral e de como orientar as actividades e xestión da asociación polo ben dos socios.

Nas últimas asembleas, un dos temas candentes foi a solicitude de DOP ACEITE DE GALICIA que finalmente se presentou na Xunta de Galicia o 18 de marzo de 2016.

Igualmente cada pouco, realízanse charlas, cursos e excursións para optimizar os coñecementos de cada socio nos labores e coidados da súa plantación. 

 

Sabedores de que o cultivo da oliveira en Galicia precisa adaptarse a métodos acordes coa olivicultura moderna, entre os socios compártense dúbidas e solucións, basandonos en que facéndoo publico entre nós, a resposta orientada a un só, acaba sendo ensino para o resto.

Mediante o correo electrónico, web, un grupo de WhatsApp e facebook, compartimos dúbidas e solucións na medida que a nosa experiencia particular e grupal permítenolo.