ASOCIACIÓN DE PRODUCTORES DE ACEITE E ACEITUNA DE GALICIA

                                             APAG

Novas.

Folla de inscripción das xornadas técnicas do cultivo da Oliveira en Galicia. Aquí

 

APAG, está a colaborar no Grupo Operativo para a Valorización de Residuos na Industria Oleica.


VALRESOLEICA é un grupo operativo supraautonómico que ten como obxectivo a valorización de residuos, para convertelos nunha fonte de riqueza á vez que se diminúe o seu impacto ambiental.

Financiamento:

Presuposto total: 39.150,00 euros. Cofinanciación UE: 80% Feader

Máis información:

A creación dos Grupos Operativos supraautonómicos é unha das ferramentas clave na execución do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 en materia de agricultura produtiva e sostible para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal. Trátase da agrupación de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores, gandeiros, empresas, centros de investigación ou de formación, que se asocian para poñer en marcha mecanismos ou prácticas innovadoras co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.

Esta actuación está financiada no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), sendo a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e política Forestal a autoridade de xestión encargada da aplicación da axuda do FEADER e nacional correspondente. 

 Membros:

• FEUGA-Fundación Empresa-Universidade Galega (coordinador)

• Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia (APAG)

• Casarío da Lomba S. L.

• Universidade de Xaén (Grupo de Investigación Enxeñería Química e Ambiental)

• Colaborador: Grupo de Biotecnoloxía industrial e enxeñería ambiental (BiotecnIA) da Universidade de Vigo 

TRIPTICO INFORMATIVO


Compromiso de Medio Rural con APAG. 

            -A conselleira  de Medio Rural, Anxeles Vázquez,  comprométese con APAG para apoiar e revalorizar o sector do oliveiral e do aceite Galego. Para máis información Xunta.

 

‘Brava galega’ e ‘Mansa galega’, primeiras variedades autóctonas de oliveira.

           -As investigacións da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC) permiten o recoñecemento oficial destas olivas. De esta maneira, Galicia pasa a ser a rexión máis occidental da Europa continental con variedades propias. máis

 

 

22/04/2017 Tratamientos e boas practicas no olivar. Maside




18/03/2016 - Presentada a solicitude de DOP ACEITE DE GALICIA


24/09/2016 Asamblea general en Maside (Ourense)


24/09/2016 Coloquio mesa redonda entre socios


Visita a la plantación de Isabel y Carlos en Maside.